12 marzo 2017

Los niños multicelulares


UNO.- He visto en Instagram que acabas de devorar un sandwich, en uno de esos locales de comida rápida que invaden las calles que te alejan de mí.
Yo he claudicado y arañado con el estropajo el moho que habitaba los platos de nuestra última cena. Era como los hijos que nunca tendremos, la penicilina que sana la rutina de los matrimonios.
TELÓN

04 julio 2016

Wonderful Wilde


UN.- A marihuana que me pasou teu curmán está resesa.
OUTRO.- Imposible! Tomás é un camelo de primeira e abastece xente de moita sona: políticos conservadores, artistas varios e grandes clásicos de after hours.
UN.- Pois a min o porro estame a repetir como unha mala fabada.
OUTRO.- Deberías depurar os excesos do corpo e, xa de paso, mercar roupa do teu talle. Que non tes quince anos! (Pausa). Por certo, a frase da camisola é de Oscar Wilde, non?
UN.- Non, tío, é do Bershka.
CAE O PANO

23 mayo 2016

Smile


OUTRA.- Que fas? Por que tiras dos beizos?
UNHA.- Adestro para sorrir mellor. Levo días practicando.
OUTRA.- Funciona?
UNHA.- Atópome ridícula. (Pausa). Só quero poñer boa cara ante o mal tempo, que non se me note a procesión.
OUTRA.- Disimúlalo ben. (Pausa). Es unha persona feliz. A que non o sabías? Es feliz, pero non o ves.
UNHA.- Tráxicamente feliz. (Pausa). Recortei ducias de sorrisos das revistas e todos me van grandes.
OUTRA.- O teu sorriso é apagado. Aseméllase máis ao de Ana Torrent que a Julia Roberts.
UNHA.- Nunca vou protagonizar un anuncio de dentífrico. É catastrófico!
CAE O PANO

29 abril 2016

As sobras


UN.- Sempre tes unha botella de viño aberta na cociña?
OUTRO.- Son as sobras da última cea xuntos.
UN ole o viño.
UN.- Supoñíao. Está avinagrado.
OUTRO.- Como a esperanza de que o noso fose algo máis que sexo.
CAE O PANO

29 marzo 2016

Persoas magníficas


UNHA.- A quen lle podo deixar o currículo?
OUTRA.- A min, por exemplo.
UNHA.- Es a dona do bar?
OUTRA.- Cando chegou un xefe antes do mediodía? (Pausa). Déixasme lelo?
UNHA.- Faralo en canto marche, non?
OUTRA.- Si. (Lendo un par de folios grampados). Estudaches hostalaría, sabes idiomas, tes dispoñibilidade horaria... Fillos?
UNHA.- Non.
OUTRA.- Hipoteca?
UNHA.- Tampouco.
OUTRA.- Enfermidade terminal?
UNHA.- Deus non o queira.
OUTRA rompe o currículo en varios cachos.
UNHA.- Tía, que coño fas?
OUTRA.- Evitarme disgustos.
UNHA.- Es unha filla de puta.
OUTRA.- Non. Son unha persoa magnífica, pero non exerzo.

CAE O PANO

08 marzo 2016

O mapa das sabas


UN.- Gustouche a cidade?
OUTRO.- Para min esta cidade sempre vai ser a túa cama.
UN.- Iso repítelo en todos os portos, pero aquí non temos mar.
OUTRO.- Nin eu son unha serea. O meu canto non te leva á desgraza.
UN.- Cántame ao oído mentres me prende o sono.
OUTRO.- Cantarei se ti non pos o espertador. Non quero marchar deste mapa de sabas engurradas e descubrir que nada foi real.

CAE O PANO

08 febrero 2016

Amor e dor


DEPENDENTE.- Que quere que gravemos na lápida?
MULLER.- Nada.
DEPENDENTE.- Algo teremos que escribir. (Silencio). Parecerá o nicho dun morto sen identificar.
MULLER.- Manuel. Finou o cinco dun novembro chuvioso.
DEPENDENTE.- Sen apelidos nin data de nacemento?
MULLER.- Apenas o coñecía.
DEPENDENTE.- Pero o defunto non era o seu home?
MULLER.- O meu home marchou un 20 de xullo de 1983. Aquel día ía moita calor. Nunca volvemos saber del. Agora dinme que son responsable dun corpo vello. Pouco se parece a aquel mozo polo que case toleo de amor e dor.
DEPENDENTE.- Entón, de flores nin falamos.
MULLER.- Por que?
DEPENDENTE.- Supúxeno polo que acaba de contar.
MULLER.- Preparen una coroa ben boa. Todo o mundo ten dereito a camiñar rodeado de natureza cando regresa a ela.
CAE O PANO